988 219 292
Información e Acollida

A doenza do Alzhéimer non só afecta á persoa que a padece, senón que leva cambios importantes na vida do seu entorno familiar; xa que ten unha ampla repercusión sociosanitaria, é necesario un abordaxe interdisciplinar que implica, en cada momento, a mobilización dos recursos adecuados.

É polo que dende AFAOR levamos a cabo unha labor de información e un asesoramento claro, próximo e personalizado en función de cada caso particular, ofrecendo posibles solucións gracias aos distintos recursos e servizos cos que na actualidade contamos: atención psicolóxica a familiares, obradoiros de estimulación física e cognitiva para doentes, formación especializada para cuidadores, préstamo de axudas técnicas no fogar, etc.

Achégate ata as nosas instalacións, ou ponte en contacto a través das nosas redes sociais ou correo electrónico.

Escoitarémoste e axudarémoste.

 

 

 

 
 

 

Nosa Señora da Sainza 19 Baixo - Telf: 988 219 292 - recuerda@afaor.com

Esta web utiliza 'cookies' propias y de terceros para ofrecerte una mejor experiencia y servicio. Al navegar o utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las 'cookies'. Sin embargo, puedes cambiar la configuración de 'cookies' en cualquier momento.