988 219 292
ASOCIACIÓN

 

 

En 1995 nace a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Ourense (AFAOR), unha organización sen ánimo de lucro que ten como principal obxectivo mellorar a calidade de vida dos nosos usuarios e apoiar aos seus coidadores e familiares. Para cumprir coa nosa labor AFAOR tece unha rede de colaboración entre entidades públicas, privadas e os nosos asociados pensando en ofrecer aqueles servizos que faciliten o día a día dos pacientes con Alzheimer e todo o seu arredor.

Precisamente, pensando nese día a día AFAOR conta cun excelente grupo de profesionais e un catálogo de prestacións dispoñible para todos os nosos socios. Ademais de manter activos aos pacientes de alzhéimer con todas as actividades que organizamos na nosa asociación coma os obradoiros de memoria, as familias tamén poden beneficiarse de prestamos de axudas técnicas, información e asesoramento, entre outros servizos.

En recoñecemento ao seu traballo, AFAOR foi declarada de Utilidade Pública no ano 2010 polos seus esforzos orientados a concienciar, informar e atender aos afectados polo Alzhéimer e outras demencias

AFAOR traballa por e para os enfermos de Alzheimer e os seus familiares sen buscar ningún beneficio económico.

Si queres comprobalo por ti mesmo, convidámoste a que consultes os nosos estatutos, asi como as nosas memorias en galego ou castelan e a nosa memoria economica

Coñece mais sobre a misión, visión e valores de Afaor pinchando aquí

Nosa Señora da Sainza 19 Baixo - Telf: 988 219 292 - recuerda@afaor.com

Esta web utiliza 'cookies' propias y de terceros para ofrecerte una mejor experiencia y servicio. Al navegar o utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las 'cookies'. Sin embargo, puedes cambiar la configuración de 'cookies' en cualquier momento.